Cluster Audiovisual Galego

O Clúster Audiovisual presenta os resultados do proxecto AUDIENCELAB Big Data

O pasado venres, 29 de marzo, tivo lugar na sede do Clúster Audiovisual Galego, a primeira acción de difusión de resultados do proxecto AUDIENCELAB Big Data na que se estudaron diferentes fórmulas para dar contido ao proxecto e á que asistiron, entre outros, socios participantes como Adivina Producciones, Congo Producciones, CTV, Ficción Producciones ou a Televisión de Galicia, así como o ITG.

AUDIENCELAB Big Data, proxecto subvencionado grazas ao programa para Agrupacións Empresariais Innovadoras do Ministerio de Industria, Comercio y Turismo do que forma parte o Clúster, ten como obxectivo a creación dun piloto que permita medir o consumo audiovisual dos mozos (entre 6 e os 18 anos) nas novas plataformas de consumo como poden ser as redes sociais, OTT, plataformas de distribución onDemand, etc.

O proxecto céntrase tanto na implantación dunha solución tecnolóxica que permita recompilar datos de consumo audiovisual nas novas plataformas de definición de contido audiovisual como na adquisición de información de alto nivel que permita segmentar e definir patróns de consumo dos mozos.