Cluster Audiovisual Galego

Presentación do ciclo de FP Dual no sector audiovisual

O Clúster Audiovisual Galego celebrou o 11 de xuño de 2019 unha presentación para os seus asociados do Ciclo de FP Dual no sector audiovisual, na que se explicou o seu funcionamento, os principais beneficios para as empresas colaboradoras e se aclararon todas as dúbidas que as empresas tiñan ao respecto.

Participaron nesta sesión as empresas Adivina producciones, Agallas Films, Melgo Cinema, Producciones Audiovisuales Setemedia e Studio XXI, así como a Escola de Imaxe e Son da Coruña.


Cofinanciado por: