Cluster Audiovisual Galego

AudienceLab

Clúster Audiovisual Galego (Clag) celebrou o xoves, día 4 de decembro de 2014, en Santiago, a reunión de lanzamento dun novo proxecto dirixido ás compañías socias do clúster, AudienceLab. Esta iniciativa ten como obxectivo a posta en marcha dun "laboratorio de audiencia" que analice os elementos a incorporar en futuros proxectos das empresas do Clag.

Na posta en marcha de AudienceLab, o Clag conta coa colaboración dos expertos en innovación e modelo de negocio e marketing de novos produtos do Grupo Jean Monnet de Competencia e Desenvolvemento da Universidade da Coruña.

 
Este proxecto dispón de financiamento a través do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI) do Ministerio de Industria, Energía y Turismo na súa convocatoria deste ano 2014. E conta tamén co apoio do Igape, a través da súa liña de axudas para clusters galegos.