Cluster Audiovisual Galego

Foros de Innovacion Colaborativa 2015

Clúster Audiovisual Galego (Clag) celebrou hoxe, xoves, os Foros de innovación colaborativa co obxectivo de promover e dinamizar iniciativas de innovación de todo tipo entre os seus asociados. Esta iniciativa contribuíu ao intercambio de experiencias e boas prácticas e favoreceu a colaboración entre as empresas que integran o Clag.
 

Os Foros de innovación colaborativa suscitaron un grande interese entre os socios do Clag. Durante esta sesión celebrada na sede do clúster en Santiago, os participantes actualizaron a carteira de proxectos de innovación do Clag e tiveron a oportunidade de presentar as súas propostas colaborativas empresariais ao resto de asistentes.
 
Este foro servirá para identificar, promover e apoiar a articulación de proxectos empresariais innovadores de carácter cooperativo, é dicir, implicando a participación de varias empresas, para dar solución ás problemáticas ou ás oportunidades detectadas.