Cluster Audiovisual Galego

RENDER

O CLAG traballou no desenvolvemento do proxecto Render, a través do cal levouse a cabo un completo e exhaustivo Estudo de Viabilidade sobre as posibilidades de poder desenvolver e implantar un modelo viable e sostible de Render, a distancia para a industria de animación que xunte as tecnoloxías, arquitecturas de sistemas, capacidades de investigación, desenvolvemento e produción así como as infraestruturas de todo tipo requiridas e necesarias para facer factible que calquera Estudio de Animación 3D teña a posibilidade de ampliar axilmente a súa capacidade de Render segundo as súas necesidades e en calquera momento.

Un servizo de Render Remoto que achegue:

  • Unha importante innovación tecnolóxica no conxunto produto-servizo.
  • Un modelo de negocio que asegure a súa factibilidade e sostibilidad, tanto competitiva como de eficiencia enerxética, aportando, á súa vez, os valores diferenciais e intanxibles que demanda o sector.
  • A garantía da interoperabilidade entre os sistemas dos diferentes actores do proceso.
  • Un marcado enfoque centrado no usuario (User-Centric).

O proceso de Render dunha película de Animación 3D, ademais de ser estratéxico para levar a cabo tal produción, é moi custoso, converténdose, moitas veces, nun elemento clave para a competitividade e desenvolvemento das empresas do sector, á vez que é un elemento clave do resultado final do produto audiovisual. A competencia e o nivel de esixencia dos clientes, é cada vez máis alto, o que dá como resultado unhas necesidades crecentes de investimento e de xestión eficiente de recursos.

A actual coxuntura económica; a crecente necesidade de utilizar eficiente e sostiblemente todos os recursos, unido á importancia das Pemes no sector fan do Render unha necesidade prioritaria dentro da estratexia global do desenvolvemento da I+D+i como ferramenta de competitividade industrial e desenvolvemento económico no sector da animación.

Socios: Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), Clúster Audiovisual Galego (CLAG), Ficción Producciones, Interacción. Comunicación Interactiva Multimedia, R Cable y Telecomunicaciones de Galicia, Universidade de Santiago de Compostela (Gr. Arquitecturas de Ordenadores e Laboratorio de Sistemas).

Financiamento: Este proxecto foi cofinanciado polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnológica 2008-2011 e polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER), con subvención TSI-020110-2009-321.