Cluster Audiovisual Galego

European Film Market 2018

O Clúster Audiovisual Galego participou na trixésima edición do European Film Market de Berlín para apoiar o sector audiovisual de Galicia cun evento de promoción especial, organizado coa colaboración da Agadic, que tivo lugar na tarde-noite do domingo 18 coa finalidade de intensificar as relacións entre os representantes do audiovisual galego desprazados coa prensa especializada e membros da industria internacional convidados. 
 
O audiovisual galego presentouse diante de máis 200 de persoas nun acto especial, que tivo lugar no Academie Lounge de Berlín, situado moi próximo ás sedes do mercado e convocou a prensa especializada e a profesionais da industria do cine a nivel internacional. Todos eles tiveron a oportunidade de establecer contactos cos produtores e distribuidores alí congregados.
 
Durante o encontro proxectáronse varios vídeos promocionais do sector, entre eles, o da campaña do Clúster#ConsumeAudiovisualGalego, que pretende difundir o talento e a calidade de Galicia a través dos produtos audiovisuais e fomentar o seu consumo, ou o da película “Trinta Lumes” (“Thirty Souls”), da realizadora galega Diana Toucedo, que tivo a súa presentación oficial ese mesmo día dentro da sección Panorama da Berlinale. E distribuíuse entre os profesionais o Catálogo de Servizos ofrecidos polas empresas do Clúster Audiovisual Galego.

Tamén estivo presente o evento Conecta FICTION, o único dedicado á ficción televisiva que conecta Europa con América Latina e Estados Unidos e que celebrará a súa segunda edición o vindeiro mes de xuño en Santiago de Compostela.
 
Todas estas accións desenvoltas polo Clúster nos principais mercados de contidos para cine e televisión a nivel mundial poñen de manifesto a súa decidida aposta pola promoción exterior do sector e, en especial, da súas empresas asociadas. Ademais, trátase dunha acción realizada dentro do Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios, co apoio financeiro do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Xunta de Galicia e a Unión Europea.
 
Ademais, no European Film Market, que se celebrou ata o 23 de febreiro en paralelo á Berlinale, participaou unha delegación comercial galega integrada por 10 empresas produtoras e distribuídoras, promovida pola Agadic baixo a marca "Films from Galicia" co apoio do Igape, entre as que estiveron as socias do Cluster CTVFicción ProduccionesFrida FilmsGaitafilmes, Matriuska Producciones e Portocabo. A delegación completouse coas empresas Big Rights, Numax Distribución, Ollo Vivo e Tree Lines, ademais da Academia Galega do Audiovisual e Conecta FICTION. Á marxe desta delegación, tamén participou no mercado a socia do Clúster Filmax.