Cluster Audiovisual Galego

Sesión sobre o aproveitamento polas empresas do sector audiovisual da liña de axudas á dixitalización Industria 4.0 do IGAPE

O venres 15 de decembro tivo lugar en Santiago o Pre-obradoiro: “Aproveitamento polas empresas do sector audiovisual da liña de axudas á dixitalización Industria 4.0 do IGAPE”, organizado polo Clúster Audiovisual Galego para os socios, en colaboración co Clúster TIC Galicia. Durante o encontro expuxéronse as condicións das novas axudas do organismo autonómico á dixitalización Industria 4.0, para que as empresas do sector audiovisual fagan un aproveitamento óptimo das mesmas.
 
A sesión dirixida aos socios do Clúster celebrouse na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia. A través desta acción tamén se pretendeu identificar os posibles proxectos que poidan presentarse na primeira convocatoria de axudas á dixitalización Industria 4.0, que está prevista para este mes de decembro. Para esta acción o Clúster Audiovisual Galego conta co apoio da Xunta de Galicia, a través do IGAPE.