Cluster Audiovisual Galego

Xornada: Fiscalidade para a Produción de Contidos Audiovisuais

Clúster Audiovisual Galego celebrou o día 24 de maio na súa sede en Santiago, unha xornada sobre Fiscalidade para a Produción de Contidos Audiovisuais, en colaboración con Barrilero y Asociados.
 
José María García-Ogara e Fátima Ochoa, de Bufete Barrilero y Asociados e especialistas en investimentos cinematográficos, espuxeron a súa experiencia nesta área e describiron as características máis importantes deste tipo de inversións.
 
Durante a sesión afondouse nas desgravacións fiscais por investir en cine, un instrumento óptimo de planificación fiscal que garante unha rendibilidade superior á da maioría dos produtos financeiros do mercado. Asemade, detalláronse as deducións fiscais á I+D+i para o sector TIC e dos contidos dixitais.
 
Esta xornada, que contou co apoio do Igape, dirixiuse tanto aos profesionais do audiovisual como a empresas de calquera outro sector e tamaño interesadas nesta ferramenta de planificación e en participar dos beneficios fiscais que supón investir na produción de contidos audiovisuais. Os asistentes interesados tamén puideron manter reunións personalizadas cos profesionais encargados de impartir a xornada.