Cluster Audiovisual Galego

Misións comerciais inversas con Alemaña e Latinoamérica

Co obxectivo de fomentar a exportación do sector audiovisual galego, o Clúster Audiovisual Galego organizou dúas Misións comerciais inversas con Alemaña e Latinoamérica, no marco da segunda edición do foro internacional de coprodución de ficción para televisión Conecta FICTION, que tivo lugar en Santiago de Compostela do 18 ao 21 de xuño. O Clúster promoveu encontros entre as súas empresas e potenciais coprodutores e distribuidores alemáns e latinoamericanos. 

As misións comerciais inversas do audiovisual con Alemaña e Latinoamérica incluíron diversas actividades como obradoiros e encontros coas empresas de ambas delegacións, entre eles, os que se celebraron o xoves 21 de xuño na Cidade da Cultura. 

As empresas galegas que se reuniron coas delegacións convidadas son Adivina Producciones, Agallas Films, Congo Producciones, CTV, Ficción Producciones, Gaitafilmes, Portocabo, Tamboura Films, Xamalú Filmes e Zenit Televisión.

Con estas accións, o Clúster Audiovisual Galego busca promover a internacionalización das súas empresas e tamén fomentar o establecemento de contactos iniciais entre os socios e as compañías procedentes de Alemaña e Latinoamérica que puideran culminar en acordos comerciais.

Ambas as dúas misións realizáronse dentro do Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios, co apoio financeiro do Igape, Xunta de Galicia e UE.