Cluster Audiovisual Galego

Obradoiros de Dixitalización Industria 4.0  

Empresas dos sectores audiovisual e TIC participaron entre os meses de setembro e novembro, en Santiago, nos Obradoiros de Dixitalización Industria 4.0, organizados polo Clúster Audiovisual Galego en colaboración co Clúster TIC Galicia e co apoio do Igape, co obxectivo de promover proxectos arredor de tres temáticas de interese para o sector: Implantación dunha plataforma de entrega e validación de contidos audiovisuais,  Adaptación sectorial dun ERP para o sector audiovisual e Creación de contidos en Realidade Virtual con capacidade interactiva para aplicar en contornas educativas.

Durante estes obradoiros, que se enmarcaron dentro do programa de Obradoiros de Dixitalización Industria 4.0 que promove e cofinancia o IGAPE, coa Xunta de Galicia e fondos FEDER, fomentouse o intercambio de coñecementos e experiencias entre axentes do sector para a identificación de necesidades comúns e aportáronse ideas que faciliten a posta en marcha de futuros proxectos no campo das áreas que abordaron os obradoiros.

Nos obradoiros participaron empresas do audiovisual como Aba Films, Áncora Films, Adiviña Producións, Cinfo, CTV, Ficción Producciones, Mondotropo, Setemedia ou Voz Audiovisual. Ademais de potenciais clientes e  posibles provedores tecnolóxicos cos que poder poñer en marcha estas iniciativas, como Abinco, Anubia, Enxendra, Indra, Netex, Ilux Visual Technologies ou Torusware, entre outros. Destacar a colaboración do propio Igape, a través de José Manuel Fernández, xerente de Igape IP, e  Fany Suárez, técnica responsable de Programas; dCRTVG, a través do director da Área de Innovación e Negocio, José Pereira, ou dos representantes de Amtega e do proxecto Dico Challenge de R.